martes, 29 de noviembre de 2016

INFORMACIÓN SOBRE ALIMENTOS

Hoxe en todas as aulas de primaria recibimos unhas caixas que nos enviou Leo. 
Nos seu interior atopamos distintos productos típicos do país que estamos a traballar:
freixoas para 1º, repolos para 2º, piñas para 3º, laranxas para 4º, dátiles para 5º e patacas para 6º.


E tamén unha carta, na que Leo nos pedía axuda para investigar sobre o contido das caixas, e ver que comidas podíamos facer con eses alimentos para o menú da festa de Nadal que se achega.

Aquí vos deixamos unha pouquiña información sobre os alimentos de cada país.
Boa procura!!

XOGAMOS?

jueves, 15 de septiembre de 2016

DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO

Este ano imos acompañar a Leo e Mariña nunha viaxe moi especial en globlo. Nun globo feito en Betanzos coma so se saben facer aquí.
Esta foi a presentación do proxecto feita no claustro.


Partimos!!

viernes, 10 de junio de 2016

Que queres que suceda? 6º D

En 6º D soñamos  co “Proxecto  Sachar e Cociñar todo é empezar”.

Quixemos cociñar na escola para aprender a traballar en grupo, compartir, investigar, experimentar e aprender gozando.

Quixemos plantar sementes e ver como medran grazas aos nosos mimos e coidados; plantar flores para que o noso cole sexa un cole máis bonito e agradable, e cada vez que pasemos ao lado dunhas flores que plantamos, podamos ou rexeneramos nós, poidamos sentirnos fachendosos.

Cultivar produtos na horta como cenorias, millo, cabazas, berenxenas coa ilusión de ver se medran, aprendendo a ser pacientes e ver resultados a medio plazo e non ao instante.

Cociñamos con Rosalía de Castro as receitas do poema “Has de cantar”.



Soñamos ... Infantil

Unha pequena reflexión para rematar o curso

Cando no mes de setembro nos plantexamos acadar o noso soño de levar adiante o proxecto “Sachar e cociñar todo é empezar” eu, como mestra de apoio en educación infantil, nin imaxinaba o resultado final.
Cada mes, cada trimestre, cada celebración sucedía aquelo que recolleramos no noso soño. As actividades na horta e no invernadoiro unidas á posta en marcha da aula de cociña foron o principio dun camiño que continuará o vindeiro curso.
Pero se hai que destacar algo é a participación das familias, entrando nas aulas, aportando ideas, preparando actividades, traballando codo a codo co profesorado ... Nós queriamos que sucedera así.




Soño acadado!

miércoles, 8 de junio de 2016

Se queres que algo suceda ... 6º E

SE QUERES QUE ALGO SUCEDA...
PRIMEIRO HAI QUE SOÑALO!!!


A nosa biblioteca convidábanos a principio de curso a soñar, e con este lema nos puxemos mans á obra....

Soñamos ser ... científicos. 1º A

Os nenos e nenas de 1ºA decidimos que o noso soño era ser Científicos. Puxémonos mans á obra. Primeiro buscando información e recompilando material que tiñamos na casa, que atopamos na biblioteca e que atopamos en internet e logo, probando as nosas teorías e experimentando. Aquí o podedes ver.

sábado, 28 de mayo de 2016

Soñamos ... 5ª A

Ofrecémosvos un resumo do que supuxo na nosa clase a actividade arredor da proposta:
Que queredes que suceda?

lunes, 1 de febrero de 2016

SOÑAMOS SER.... COCIÑEIROS

As nenas e nenos de 2º A, tras escoitar as opinións e soños de todos decidimos que a maioría de nós queríamos ser cociñeiros. Cociñeiros coma Madelen, protagonista do gastroconto "Virutas y el Arcoiris", cociñeiros coma os concursantes de Masterchef e alá nos lanzamos, a lograr o noso soño.

Buscamos libros de cociña e receitas. Investigamos neles, buscando receitas que nos gustaban, descubrindo a estructura e forma das receitas e analizando se eran saudables ou non.

Deseñamos un menú para xantar:
1º plato: Pizza Bob
2º plato: dominó da Ribeira
Postre: Galletas

No menú fixemos cambios para facelo máis saudable, por exemplo o dominó da Ribeira (solombo) en vez de acompañalo de puré de pataca, como viña na receita orixinal, acompañámolo de puré de cabaza e cenorias e ás galletas, en vez de facerlle a cobertura con glasé, acompañámolas de froita, e tamén lle reducimos a cantidade de azúcre a engadir na masa.

Copiamos as receitas "made in 2ºA" e fixemos a lista da compra. Descubrimos que se precisamos 3 ovos tiñamos que mercar ou media ducia ou unha enteira, que se precisábamos soamente dúas olivas negras para adornar a pizza tiñamos que mercar un bote enteiro e moitas cousas máis.

Polo de agora so cociñamos as galletas o resto irá máis adiante.
Este foi o noso traballo. O noso soño.
Galopíns 2ºA

PARA QUE ALGO SUCEDA PRIMEIRO HAI QUE SOÑALO

Desta premisa, do gastroconto "Virutas y el Arcoiris" nace o Proxecto Documental Integrado deste ano.
A partires del pretendemos que as nenas e nenos da escola soñen o que queren ser, facer... e intenten darlle forma.
A principios de curso, a Orientadora  leulle a todos parte  da historia de Virutas e formuloulles a pregunta: Que queredes que suceda? pregunta que cada curso coa axuda dos seus titores irán respostando.
E vós... que queredes que suceda?