lunes, 29 de junio de 2015

Río Mandeo

O alumnado de 4º B elaborou uns documentos sobre o río Mandeo, presentamos unha recapitulación de todos eles:


jueves, 25 de junio de 2015

Fauna e flora do río Mandeo

Nenas e nenos de 4º de primaria achégannos os libros de fichas que elaboraron presentando as características das principais especies animais e vexetais que poblan a cunca do río Mandeo.

miércoles, 24 de junio de 2015

Depuradoras do Mandeo

Nenas e nenos de 5º E, despois de investigar e estudar as depuradoras que limpan as augas que se verten ao río Mandeo, decidiron realizan unha doméstica para comprobar o seu funcionamento.
Se premedes na imaxe veredes o proceso:


lunes, 22 de junio de 2015

Non malgastes a auga

Nenas e nenos de 2º B analizaron os anuncios institucionais sobre o uso da auga, estudaron a linguaxe publicitaria vendo vídeos e outros anuncios en internet sobre o mesmo tema, pero xa doutras campañas publicitarias.
Decidiron crear o seu propio anuncio; divididos por equipos tiveron que facer un deseño en papel:

WP_20150617_018 WP_20150617_019
WP_20150617_020 WP_20150617_021

De onde vén o sal?

Durante o primeiro trimestre os nenos e nenas de 2º B estiveron estudando os alimentos e o que nos aportan. Un deses alimentos que está sempre na nosa despensa é o sal.
Así que investigaron a través de internet e averiguaron que parte do sal vén das salinas e que en España hai salinas. O sal está relacionado coa auga do mar!
Despois fixeron a súa propia salina na aula.

WP_20150617_016 WP_20150617_017

sábado, 20 de junio de 2015

O ciclo da auga. Maquetas

Os nenos e nenas de 3º B preguntáronse que pasaba con toda a auga que levan os nosos ríos. Pescudaron sobre o ciclo da auga e, coa axuda dos seus pais e nais, fixeron por grupos estas maquetas. Mostramos algunha delas a continuación.

2015-05-29 21.52.48

2015-05-29 21.57.36
20150529_132255
Na clase explicáronas coma se foran os mestres e como lles gustou tanto foron ás outras clases de terceiro a expoñer os seus traballos:
O ciclo da auga I
O ciclo da auga II
O ciclo da auga III O ciclo da auga IV
(Preme en cada gota e verás os vídeos que gravaron coas explicacións)

jueves, 18 de junio de 2015

Maqueta do río Mandeo

Nenas e nenos de 3º explícannos o proceso que seguiron para confeccionar esta maqueta que representa o río Mandeo:


lunes, 15 de junio de 2015

Minicentrais hidroeléctricas na conca do río Mandeo

Nenas e nenos de sexto consultaron diversas fontes: expertos da asociación ADEGA e da asociación Fragas do Mandeo e páxinas web oficiais do Proxecto Mandeo e da Asociación de Desenvolvemento rural Mariñas - Betanzos.
Coa información recibida elaboraron esta presentación de información xeral sobre as minicentrais que existen no río Mandeo e os seus afluentes:


Ademais elaboraron este mural no que aparecen situadas ditas centrais:


sábado, 6 de junio de 2015

Water and our homes

Os alumnos e alumnas de sexto falaron sobre o aproveitamento da auga nos fogares, a súa canalización, potabilización e depuración. Sensibilizáronse sobre a necesidade de facer un bo uso dela e non malgastala.
Así o expresaron neste mural escrito en inglés:


My river Mandeo

Nenas e nenos de 5º prepararon unha descrición do río Mandeo escrita en inglés. Mostrámosvos algunha delas:

Auga e poesía

Chegou a primavera, tempo de poesía e de auga.
Mostrámosvos os poemas en forma de acróstico que escribimos co gallo de conmemorar o Día Mundial da Auga:


Visita a Aquaciencia

Estes días o alumnado de 2º desprazouse a Ferrol para visitar o parque Aquaciencia.
Nenas e nenos de 2º D cóntannolo así:

A auga soa

Alumnos de 6º B achégannos este interesante vídeo no que mostran como conseguir unha escala musical con vasos que conteñen diferentes cantidades de AUGA.




Betanzos e a auga. Pasado e presente

Agora presentamos as fotos que mostran o presente e o pasado da auga en Betanzos.
Grazas a todos pola participación:


(Preme na imaxe para ver o vídeo)

A auga e máis eu

Mostrámosvos as fotografías que captan momentos nos que se aprecia a nosa relación coa auga e que foron presentadas ao certame fotográfico convocado pola biblioteca.
Grazas a todos os participantes polo voso esforzo e polas vosas obras.


Podemos atopala...
Utilizámola...
Gozamos con ela...

(Premede en cada unha das partes da imaxe para ver as presentacións)

Vídeos sobre a auga

Neste enlace podedes ver uns interesantes vídeos informativos sobre a auga, da que imos aprender moitas cousas ao longo destes meses.


Auga. It´s raining, chove, llueve

Mentres agardamos por todas esas estupendas fotos sobre a auga que ides entregar para expoñer, gozamos deste caligrama que elaboraron os nenos e nenas de 5º D.

caligrama

 

Podemos acompañalo con algunha destas cantigas:

Luar na Lubre. Chove en Santiago Malvela. A gota d´auga El agua La canción del agua La lluvia
Suso Vaamonde. O meu barco Suso Vaamonde. O río Asociación de gaiteiros. O paraugas de Xosé Magín Blanco. O arco da vella Treixadura. Se chove

Certame fotográfico

O Proxecto Documental Integrado (PDI) que imos desenvolver ao longo deste curso trata da auga, máis concretamente a auga en Betanzos. 
A cidade de Betanzos está situada no comezo da ría que leva o seu nome. Pola comarca discorren os dous ríos que a rodean, neles podemos atopar cotos de pesca, minicentrais eléctricas, aulas da natureza, muiños. Mesmo unha das principais festas da cidade festéxase no río Mandeo (Os Caneiros). As terras que ocupa o encoro de Cecebre pertencen, en parte, ao concello de Betanzos. É unha zona que se caracteriza pola abundancia de fontes...

A primeira actividade que vos propoñemos é un certame fotográfico, que consta de dúas partes: