viernes, 28 de junio de 2019

OS BOSQUES

No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 5º de infantil sobre os bosques, dentro do PDI Vales para o futuro:

miércoles, 26 de junio de 2019

A AUGA

No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 6º de infantil sobre a auga, dentro do PDI Vales para o futuro:


jueves, 20 de junio de 2019

OS ECOSISTEMAS

Dentro do PDI deste curso as rapazas e rapaces de 2º traballaron os distintos ecosistemas: a sabana, o deserto, a selva tropical, os polos e o bosque galego. Elaboraron unha maqueta de cada ecosistema cos seus animais e prantas como producto final. Para chegar a facela tiveron que investigar e traballar en equipo.
Ó longo da última semana compartiron o aprendido entre as distintas aulas de 2º.






miércoles, 19 de junio de 2019

TRABALLOS DE 6ºA

Na biblioteca puidemos desfrutar e xogar cos taboleiros elaborados polas rapazas e rapaces de 6ºA.
Grazas por compartir con todos!!



MEMORIA PDI 3º


O noso proxecto centrou o interese na paisaxe e os cambios que se producen nel co paso do tempo. Comezamos facendo un mural que colocamos no corredor no que o alumnado plantexou tanto os seus coñecementos previos como aquelas preguntas ás que lle gustaría dar resposta ao longo das investigacións e actividades . (Fotografías no Blog de terceiro http://aprendendonovales.blogspot.com/).
Tras esta actividade, empregamos diferentes fontes de información para recopilar datos sobre as distintas paisaxes do planeta e elaboramos unha ficha onde cada aula se encargou de verter os coñecementos adquiridos sobre as distintas paisaxes :
3ºA : Os bosques
3ºB: O deserto
3ºC: O paisaxe de costa
3º D: Os polos
3º E:  A montaña

Ademáis fixemos muráis nos que o alumnado plasmou como imaxinaba a paisaxe que traballaou nos distintos momentos temporais, o que daba resposta a algunha das preguntas que eles mesmos plantexaran ao principio do proxecto. Tamén elaboraron carteis nos quese manifestou a inquedanza pola conservación do medio ambiente.
Por último, como produto final, fixemos una roteiro por Betanzos no que poideron observar, pola comparativa con fotografías antigas que levamos, como e canto cambiara a paisaxe do Concello no que viven.




lunes, 17 de junio de 2019

O PRINCIPIÑO

Unha das actividades propostas para conmemorar o día do libro foi elaborar, entre toda a comunidade educativa do colexio, un vídeo resumo do libro do "Principiño" que serviu de guía e punto de partida para o noso PDI.
Este foi o resultado.




miércoles, 12 de junio de 2019

VII XORNADAS ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O 7 e 8 de xuño desenvolvéronse en Betanzos as VII Xornadas de Atención á Diversidade organizadas polo  IES das Mariñas, o IES Francisco Aguiar , as ANPAS dos centros, o Concello e o noso colexio.
Nas Xornadas amosouse parte do traballo feito polas nosas rapazas e rapaces en relación o PDI Vales de Futuro.



AS ABELLAS

NO SEGUINTE VIDEO PODEDES VER O TRABALLO DE INVESTIGACIÓN FEITO POLAS NENAS E NENOS DE 3 ANOS SOBRE AS ABELLAS, DENTRO DO PDI VALES DE FUTURO.