miércoles, 26 de febrero de 2020

ENTROIDO. EU SON GALICIA

No seguinte vídeo podedes ver un resumo de como celebramos o Entroido no colexio. 
Todos os disfraces estaban vinculados ó PDI, Eu son Galicia. Así

  • 3 anos: pescadores, mariscadores...
  • 4 anos: choqueiros
  • 5 anos: gandeiros, labregas,...
  • 1º EP: entroiodo de Samede (Padernes)
  • 2º EP: fadas, meigas, lobishome...
  • 3º EP: troiteiros de Bande
  • 4º EP: cociñeiras e cociñeiros
  • 5º EP: recrearon o "Enterro da Sardiña"
  • 6º EP: peregrinos

miércoles, 19 de febrero de 2020

CARTA DO CONCELLO

Neste mes de febreiro, as nenas e nenos do CEIP Francisco Vales Villamarín recibiron unha carta do Concello de Betanzos. Entre outras moitas cousas, dicía que son sabedores do traballo que están a desenvolver investigando sobre Galicia, no PDI "Eu son Galicia", e que lles ceden no mes de maio, unha sala do Edificio do Liceo de Betanzos, para expoñer a toda a cidadanía os seus traballos.


OS ZOQUEIROS. ELENA FERRO

As nenas e nenos de primeiro seguen a investigar sobre Galicia e os seus oficios.
Para aprender máis sobre o oficio de zoqueiro tiveron a visita da zoqueira Elena Ferro, que lles aprendeu moitas cousas, coma podedes ver a continuación.


Así o contan as nenas e nenos de 1º

domingo, 16 de febrero de 2020

NACERON OS PITIÑOS DE MÓS

ESTAMOS DE NORABOA !  XA NACERON VARIOS PITIÑOS !
PARECE GUSTARLLES MOITO ESTAR NO RECUNCHO FEDELLEIRO.









 NON PODEN QUEIXARSE, POIS TEÑEN MOITAS VISITAS




COÑECEMOS O NOSO COLE

Ó principio de curso para iniciar ó PDI, as rapazas e rapaces de 1º descubriron o máis próximo para eles, o seu novo colexio e así o viron.
Clicade na imaxe.

ENTROIDO DE SAMEDE

As rapazas e rapaces de 1º, seguindo a súa investigación sobre Galicia,  van disfrazarse coma o facían en Samede, Paderne. 
Para axudarlles a coñecer a súa orixe, as súas vestimentas, persoaxes (BONITOS, CAROLOS e VIXIGUEIROS) e danzas  (DANZA CRUZADA) contaron coa visita de Emilia Cagiao, autora do libro "Historia e recuperación do Entoido de Samede", que veu acompañada.
No seguinte vídeo pódese ver todo o que lles aprenderon ás nenas e nenos de 1º. 
Por último unha entrevista a Naiara, alumna de 1ºD, que participa no Entroido de Samede.

jueves, 6 de febrero de 2020

O Entroido


O Entroido está chegando, se queres investigar e aprender sobre as tradicións de Galicia nesta festa podes consultar estes enlaces.







martes, 4 de febrero de 2020

Incubamos ovos de galiña de Mós

APRENDENDO SOBRE A GALIÑA DE MÓS






MIRAMOS A INFOGRAFÍA PARA SABER COMO SERÁ A EVOLUCIÓN DOS EMBRIÓNS









 USAMOS O OVOSCOPIO O DÍA 12 PARA VER A EVOLUCIÓN DOS EMBRIÓNS







AQUÍ TEDES UN VIDEO PARA VER QUE ESTÁ A OCORRER DENTRO DO OVO






domingo, 2 de febrero de 2020