lunes, 1 de febrero de 2016

SOÑAMOS SER.... COCIÑEIROS

As nenas e nenos de 2º A, tras escoitar as opinións e soños de todos decidimos que a maioría de nós queríamos ser cociñeiros. Cociñeiros coma Madelen, protagonista do gastroconto "Virutas y el Arcoiris", cociñeiros coma os concursantes de Masterchef e alá nos lanzamos, a lograr o noso soño.

Buscamos libros de cociña e receitas. Investigamos neles, buscando receitas que nos gustaban, descubrindo a estructura e forma das receitas e analizando se eran saudables ou non.

Deseñamos un menú para xantar:
1º plato: Pizza Bob
2º plato: dominó da Ribeira
Postre: Galletas

No menú fixemos cambios para facelo máis saudable, por exemplo o dominó da Ribeira (solombo) en vez de acompañalo de puré de pataca, como viña na receita orixinal, acompañámolo de puré de cabaza e cenorias e ás galletas, en vez de facerlle a cobertura con glasé, acompañámolas de froita, e tamén lle reducimos a cantidade de azúcre a engadir na masa.

Copiamos as receitas "made in 2ºA" e fixemos a lista da compra. Descubrimos que se precisamos 3 ovos tiñamos que mercar ou media ducia ou unha enteira, que se precisábamos soamente dúas olivas negras para adornar a pizza tiñamos que mercar un bote enteiro e moitas cousas máis.

Polo de agora so cociñamos as galletas o resto irá máis adiante.
Este foi o noso traballo. O noso soño.
Galopíns 2ºA

PARA QUE ALGO SUCEDA PRIMEIRO HAI QUE SOÑALO

Desta premisa, do gastroconto "Virutas y el Arcoiris" nace o Proxecto Documental Integrado deste ano.
A partires del pretendemos que as nenas e nenos da escola soñen o que queren ser, facer... e intenten darlle forma.
A principios de curso, a Orientadora  leulle a todos parte  da historia de Virutas e formuloulles a pregunta: Que queredes que suceda? pregunta que cada curso coa axuda dos seus titores irán respostando.
E vós... que queredes que suceda?