martes, 10 de diciembre de 2019

PERSENSAR

PERSENSAR, termo de Irene Puig, significa percibir, sentir e pensar. 
Invitámosvos a que percibades, sintades e pensedes Galicia a través da pintura, a través da pintura dalgúns artistas destacados galegos.
Animádevos a debuxar Galicia!
Como a vedes?, como a sentides?...

domingo, 10 de noviembre de 2019

CABAZAS 3ºF

As rapazas e rapaces de 3ºF fixeron unhas marionetas coas que explicaron como elaboraron as súas cabazas. 
Foron moi orixinais!!
Clicade na imaxe para velo!

jueves, 7 de noviembre de 2019

CABAZAS MOI GALEGAS

As cabazas do noso Samain foron máis galegas que nunca este ano.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!





Clica na imaxe para ver máis

miércoles, 23 de octubre de 2019

MÓNICA PÍDENOS AXUDA


Mónica, unha muller arxentina que acaba de chegar a Galicia, pídenos que lle axudemos a coñecer a nosa terra.
Axudámoslle?
Mans á obra!!


lunes, 16 de septiembre de 2019

viernes, 28 de junio de 2019

OS BOSQUES

No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 5º de infantil sobre os bosques, dentro do PDI Vales para o futuro:

miércoles, 26 de junio de 2019

A AUGA

No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 6º de infantil sobre a auga, dentro do PDI Vales para o futuro:


jueves, 20 de junio de 2019

OS ECOSISTEMAS

Dentro do PDI deste curso as rapazas e rapaces de 2º traballaron os distintos ecosistemas: a sabana, o deserto, a selva tropical, os polos e o bosque galego. Elaboraron unha maqueta de cada ecosistema cos seus animais e prantas como producto final. Para chegar a facela tiveron que investigar e traballar en equipo.
Ó longo da última semana compartiron o aprendido entre as distintas aulas de 2º.






miércoles, 19 de junio de 2019

TRABALLOS DE 6ºA

Na biblioteca puidemos desfrutar e xogar cos taboleiros elaborados polas rapazas e rapaces de 6ºA.
Grazas por compartir con todos!!



MEMORIA PDI 3º


O noso proxecto centrou o interese na paisaxe e os cambios que se producen nel co paso do tempo. Comezamos facendo un mural que colocamos no corredor no que o alumnado plantexou tanto os seus coñecementos previos como aquelas preguntas ás que lle gustaría dar resposta ao longo das investigacións e actividades . (Fotografías no Blog de terceiro http://aprendendonovales.blogspot.com/).
Tras esta actividade, empregamos diferentes fontes de información para recopilar datos sobre as distintas paisaxes do planeta e elaboramos unha ficha onde cada aula se encargou de verter os coñecementos adquiridos sobre as distintas paisaxes :
3ºA : Os bosques
3ºB: O deserto
3ºC: O paisaxe de costa
3º D: Os polos
3º E:  A montaña

Ademáis fixemos muráis nos que o alumnado plasmou como imaxinaba a paisaxe que traballaou nos distintos momentos temporais, o que daba resposta a algunha das preguntas que eles mesmos plantexaran ao principio do proxecto. Tamén elaboraron carteis nos quese manifestou a inquedanza pola conservación do medio ambiente.
Por último, como produto final, fixemos una roteiro por Betanzos no que poideron observar, pola comparativa con fotografías antigas que levamos, como e canto cambiara a paisaxe do Concello no que viven.




lunes, 17 de junio de 2019

O PRINCIPIÑO

Unha das actividades propostas para conmemorar o día do libro foi elaborar, entre toda a comunidade educativa do colexio, un vídeo resumo do libro do "Principiño" que serviu de guía e punto de partida para o noso PDI.
Este foi o resultado.




miércoles, 12 de junio de 2019

VII XORNADAS ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O 7 e 8 de xuño desenvolvéronse en Betanzos as VII Xornadas de Atención á Diversidade organizadas polo  IES das Mariñas, o IES Francisco Aguiar , as ANPAS dos centros, o Concello e o noso colexio.
Nas Xornadas amosouse parte do traballo feito polas nosas rapazas e rapaces en relación o PDI Vales de Futuro.



AS ABELLAS

NO SEGUINTE VIDEO PODEDES VER O TRABALLO DE INVESTIGACIÓN FEITO POLAS NENAS E NENOS DE 3 ANOS SOBRE AS ABELLAS, DENTRO DO PDI VALES DE FUTURO.

domingo, 26 de mayo de 2019

VERMES DE SEDA

As nenas e nenos de 2º nivel, dentro da súa investigación  sobre os animais e as prantas, tiveron esta semana a visita dunha experta nos vermes de seda, que lles explicou a súa orixe, o seu ciclo vital, como obter a seda e todos os usos que se lle pode dar.








INVESTIGACIÓN DUNHA CLASE DE 4 ANOS

As rapazas e rapaces de 4 anos estiveron a investigar sobre os bosques, velaiquí unhas fotos do seu traballo.


miércoles, 1 de mayo de 2019

GRANTECAN

No mes de Marzo, Moncho Presedo veu falarnos do maior telescopio do mundo, o Gran Telescopio Canarias, coñecido como GRANTECAN, que se atopa no Observatorio del Roque de los Muchachos, na Palma, nas Illas Canarias.
Moi amable, visitounos moitos días, porque compartiu a súa experiencia coas aulas de 3º e 4º de forma individual (10 aulas= 10 charlas).
GRAZAS!!








domingo, 14 de abril de 2019

viernes, 5 de abril de 2019

O FUTURO DO MAR E DO PLANETA.

Antón, de 2ºD, fixo na biblioteca unha exposición para a súa clase, sobre a importancia do coidado do mar e do noso planeta.
Aprendeulles como a contaminación e, en particular, os plásticos están acabando coa vida mariña e como éstes están a pasar á nosa alimentación. 
Explicoulles como poden axudar a coidar o noso planeta cumplindo os tres R:
Reciclar 
Reducir 
Reutilizar.
Que futuro queremos?





OBRA DE TEATRO. O PRINCIPIÑO

As alumnas e alumnos de 5ºA, da man da súa titora, prepararon ó longo do  curso unha representación teatral do libro "O principiño".
Fixeron un pase especial para as familias na sala do edifico do Liceo de Betanzos o 26 de marzo. 



martes, 12 de marzo de 2019

ADA LOVELACE

As rapazas e rapaces de 5º están a investigar sobre mulleres científicas, dentro do PDI deste ano.
Aquí podedes ver o mural que fixeron sobre Ada Lovelace.


jueves, 7 de marzo de 2019

ENTROIDO

O Entroido este ano xirou ó redor do Principiño.
Puidemos ver estrelas, Principiños, rosas, baobabs, volcáns, ovellas, aviadores, astronautas, raposos, marcianos e xentes do futuro.

domingo, 10 de febrero de 2019

O ESPAZO

Van chegando ó final as primeiras tarefas relacionadas co PDI. 
As rapazas e rapaces de 4º estiveron estudiando o espazo da man do Principiño.
 Xa teñen expostos os seus traballos polos corredores.