martes, 26 de junio de 2018

jueves, 21 de junio de 2018

TELEMEDIEVALES 4

Aquí tedes a 4º e última entrega do Telemedievales, do alumnado de 6º A, noraboa polo voso fantástico traballo ao longo de todo o curso! Gracias!



miércoles, 20 de junio de 2018

CERIMONIA DE VASALAXE

As nenas e nenos de 5º de Primaria prepararon unha representación da "Cerimonia de Vasalaxe" para os máis pequenos do cole.
Eles investigaron sobre a Nobreza dentro do PDI MedieVALES e por iso representaron esta cerimonia que se realizaba na Idade Media entre a nobreza e os vasalos.






THE RED KNIGHT

Este martes 19 de xuño, tivemos a sorte de que un pai viñera lernos un conto, en ligua inglesa e ambientado na Idade Media,  a todas e todos os nenos de 1º de Primaria.
Tratouse de Christopher, pai de Bradley de 1ºB, que nos leu "The Red Knight" de Team Ladybird Readers da editorial Edelvives.
Grazas por vir!!





domingo, 17 de junio de 2018

FEIRA MEDIEVAL

O pasado venres 15 púxose punto e final ó PDI MedieVALES coa celebración dunha Feira Medieval.
Un día cheo de nervios, de moito traballo que resultou un éxito.
Parabéns a todos e todas polo voso traballo e moi especialmente ó noso alumnado polo seu comportamento, actitude, saber estar e participación.
Déstesnos unha gran lección!!

A banda inaugurando a Feira


Os bailes colectivos

Unha mostra da feira en fotografías



Díptico explicativo da Feira


miércoles, 13 de junio de 2018

OS MOSTEIROS

As nenas e nenos de 3ºC cóntannos, no seguinte vídeo, o que aprenderon sobre os mosteiros da Idade Media  grazas o seu traballo de investigación ó longo deste curso.



domingo, 3 de junio de 2018

TRABALLOS EXPOSTOS

Os froitos da investigación sobre a Idade Media vanse amosando nos corredores do noso colexio. 
Hai castelos, traballos de plástica, investigacións sobre vestimenta, alimentación, enfermidades, vivenda...
No seguinte vídeo podedes ver algúns deles.