viernes, 26 de noviembre de 2021

RECURSOS 4º PRIMARIA. EXPLORADORES DOS LÍMITES DA TERRA

A vida dos exploradores está chea de emocións, perigos e aventuras. Hai que ser decidido e traballador  para descubrir cidades perdidas na xungla, enfrentarse ás xeadas terras da Antártida ou rastrexar especies descoñecidas. Este proxecto de investigación te ensinará o que precises saber para embarcarte nesta aventura. Se queres coñecer os países de toda a Terra, podes empregar un mapa interactivo premendo no enlace.

Ten en conta que os exploradores seguen a ser fonte de noticias. Hai tan só uns días atoparon o barco "Endurance", no que se realizou a primeira viaxe á Antártida. Se queres saber máis premer no enlace:

 
 

jueves, 18 de noviembre de 2021

RECURSOS 1º NIVEL. COS PÉS NA TERRA

 A PASADA SEMANA AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO RECIBIRON UNHA CARTA ONDE LEO LLE PROPUXO ACEPTAR UN RETO. 

ESTES VALENTES PÍCAROS ACEPTARON E CONVERTÉRONSE EN EXPLORADORES E ESCRITORES

AGORA, PARA CUMPLIR O SEU COMPROMISO TEÑEN QUE ESCRIBIR UN LIBRO SOBRE A TERRA , ESA COUSIÑA MARRÓN QUE NON PARAMOS DE PISAR PERO QUE TANTO NOS DA.

AQUÍ LLES DEIXAMOS ALGÚNS LIBROS, ENLACES INTERESANTES PARA QUE INVESTIGUEN.

ÁNIMO!!!

PIXABAY

    

COS PÉS NA TERRA, by bibliotecavales

domingo, 7 de noviembre de 2021

A TERRA FALA : INFANTIL INVESTIGA SOBRE OS VOLCÁNS PARA DESENVOLVER O PDI

O alumnado de infantil está a investigar sobre os volcáns e por iso buscaron axuda da man dunha experta,  ALICIA  FELPETO, VULCANÓLOGA GALEGA, quen lles axudou a entender a actualidade informativa co que está a acontecer no volcán da illa de La Palma, que entrou en erupción.






 Premede no enlace de abaixo para escoitar a Alicia

                  https://drive.google.com/file/d/10AG1DCtc6N7VPX0yUf-alq6-nARwhfie/view


                                                                                      

                                 MOITAS GRAZAS, ALICIA ! QUEDÁMONOS COAS TÚAS PALABRAS 

                                                    "SEN CIENCIA NON HAI FUTURO!"             

domingo, 31 de octubre de 2021

A TERRA FALA : ÉRASE UNHA VEZ...


...UN PLANETA MARABILLOSO, TAN MARABILLOSO QUE MERCAMOS  MOITOS LIBROS QUE FALAN DEL E QUE NOS AXUDAN A COÑECELO MELLOR.

 ESTES DÍAS PUXEMOS UNHA EXPOSICIÓN CON PARTE DELES.

E  NALGUNHAS AULAS ESCOLLEMOS ESTE LIBRO




E CAL FOI A NOSA SORPRESA CANDO RECIBIMOS NO CORREO DA BIBLIO ESTA MENSAXE





lunes, 18 de octubre de 2021

A ORIXE DO NOSO PLANETA

Se vos apetece investigar sobre a orixe do noso planeta, aquí tedes unha fonte de información en forma de documental. Disfrutádeo !



martes, 29 de junio de 2021

EU SON GALICIA. MEMORIA 2º NIVEL

 Na seguinte presentación pódese ver un resumo do traballo levado a cabo polas nenas e nenas de 2º ó longo deste curso tan especial, diferente e difícil. 

Todas e todos, a pesares dos pasares, foron quen de traballar en equipo, investigar, aprender e descubrir un pouquiño máis de BETANZOS

Isto non sería posible sen a colaboración das familias que os acompañaron en paseos para observar a flora e a fauna, coñecer as rúas de Betanzos con nome de muller, visitar igrexas, observar as casas típicas, descubrir as cunchas do Camiño de Santiago....

Nunca deixedes de aprender e de ser curiosos. Mentres poidamos, iremos da vosa man!!






Colorful Illustrated Teacher Appreciation Education Presentation de beatriz rey

jueves, 17 de junio de 2021

martes, 15 de junio de 2021

PDI 5º DE PRIMARIA

Como bos camiñantes e promotores do turismo galego, os compañeiros e compañeiras de 5º de primaria investigaron a fondo sobre distintos roteiros de Galicia , indagando sobre a paisaxe e a gastronomía galegas. Queres saber que nos recomendan?




viernes, 11 de junio de 2021

PDI 4º DE PRIMARIA : ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA

Os compañeiros e compañeiras de 4º investigaron na procura de atopar información sobre os escritores e escritoras da nosa lingua máis próximos a nós. Despois decidiron facer un libro no que recolleron as súas referencias e que agora temos á nosa disposición para poder consultalo cando o precisemos.
É unha boa fonte de información, non si?

domingo, 23 de mayo de 2021

TERCEIRO DE PRIMARIA : A AUGA NA TERRA DAS DAS MARIÑAS


O alumnado de TERCEIRO investigou sobre as augas que descorren polas Terras das Mariñas. Iniciaron a súa investigación facéndose preguntas sobre a auga, en xeral.  A continuación anotamos as cousas que xa sabiamos sobre ela. 



Despois, estivemos a ver e ler a documentación que edita "Life fluvial" e as guías de campo que editou a Deputación da Coruña. Visitamos tamén a páxina http://marinasbetanzos.gal/ e con todo ese material fixemos unha presentación resumo que serviu de punto de partida para outras actividades.



 E non só iso, tamén remexemos nos fondos da nosa Biblioteca e decidimos facer unha exposición para que todos accedamos á información con facilidade.





 Como Produtos finais, elaboramos uns murais que puxemos no corredor de 3º e escribimos contos protagonizados polos animais que viven nas augas do Mandeo e da Terra das Mariñas.










Finalmente, fixemos unha ruta polas beiras do Río Mendo e Mandeo, aproveitando o ofrecemento da Sección de Extraescolares para coñecer O camiño Inglés que pasa por Betanzos. Pasámolo en grande !!!



                                      

miércoles, 17 de marzo de 2021

AS MULLERES DAS RÚAS DE BETANZOS

 Dentro da investigación sobre BETANZOS que están a facer as rapazas e rapaces de 2º, detivéronse a descubrir quenes son as MULLERES que dan nome as súas rúas, traballo que fixeron grazas a colaboración das súas familias.

Quitando as mulleres relacionadas coa tradición católica, as que atoparon aparecen marcadas no seguinte plano. Un total de 10, moi poucas quizáis?

Pero non só iso, investigaron a obra da pintora española COCO DÁVEZ, e máis concretamente o seu traballo FACELESS e fixeron os retratos destas mulleres seguindo o estilo colorista e personal da autora.


Clicade nas iconas e descubride quenes son as MULLERES do rueiro de Betanzos.


domingo, 7 de febrero de 2021