jueves, 20 de diciembre de 2018

A AUGA

AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS INVESTIGARON SOBRE A AUGA, DENTRO DA LIÑA DE NATUREZA E ECOLOXÍA DO P.D.I.


jueves, 13 de diciembre de 2018

LOST IN THE SPACE

Aprendemos sobre o espazo en inglés, grazas a representación  THE LOST IN THE SPACE, organizada polas mestras de Lingua Inglesa, que tivo lugar no colexio para as nenas e nenos de 1º e 2º.

COMPARTINDO O APRENDIDO

Investigando, unha das fontes ás que recurrir son ás persoas. 
As nenas e nenos de 2º D pedíronlle ós compañeiros de 5ºD que lles contasen o que eles estiveron a estudiar sobre O ESPAZO. Así Iván e Diego prepararon unha presentación, axeitada ós máis pequenos, que compartiron con eles na biblioteca.





lunes, 3 de diciembre de 2018

VISITA Ó PLANETARIO

As nenas e nenos de 2º  foron de visita á Casa das Ciencias da Coruña para reunir máis información e descubrir novas sorprendentes sobre Universo.
Esta visita forma parte do proceso de invetigación que están a levar a cabo neste primeiro trimestre.
Clica na imaxe e verás....
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/node/3096 

LECTURA DO PRINCIPIÑO E PAPIROFLEXIA

As rapazas e rapaces de 4ºA leron o libro do Principiño e foron quen de facer ó peculiar protagonista con papel. 
Así de ben lles quedou!!


sábado, 17 de noviembre de 2018

INVESTIGAMOS. QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER?

As rapazas e rapaces de 3º colocaron no seu corredor o primeiro paso do seu proceso de investigación, para levar a cabo a súa tarefa integrada.



Tamén  recolleron este paso as nenas e nenos de 2º así: 




E as de 4ºD




jueves, 4 de octubre de 2018

EXPOSICIÓN DE FOTOS

Arranca o PDI  " Vales para o futuro" cunha exposición de fotografías sobre natureza, ciencia e tecnoloxía e o espazo.
Aproveitando o 75 aniversario da publicación do "Principiño" de Antoine de Saint Exupery, lembraremos como eran moitas cousas nesa época, como son agora e como poden ser no futuro.
A exposición será o punto de partida para reflexionar sobre como queremos que sexa o noso futuro, que podemos facer para melloralo, que sucederá se non facemos nada,...
Comeza a viaxe cara o futuro.....


jueves, 13 de septiembre de 2018

VALES PARA O FUTURO

Neste novo curso escolar 2018/19 imos mirar cara o futuro no novo Proxecto Documental Integrado.
Na seguinte presentación podedes ver como o imos desenvolver.


martes, 26 de junio de 2018

jueves, 21 de junio de 2018

TELEMEDIEVALES 4

Aquí tedes a 4º e última entrega do Telemedievales, do alumnado de 6º A, noraboa polo voso fantástico traballo ao longo de todo o curso! Gracias!



miércoles, 20 de junio de 2018

CERIMONIA DE VASALAXE

As nenas e nenos de 5º de Primaria prepararon unha representación da "Cerimonia de Vasalaxe" para os máis pequenos do cole.
Eles investigaron sobre a Nobreza dentro do PDI MedieVALES e por iso representaron esta cerimonia que se realizaba na Idade Media entre a nobreza e os vasalos.






THE RED KNIGHT

Este martes 19 de xuño, tivemos a sorte de que un pai viñera lernos un conto, en ligua inglesa e ambientado na Idade Media,  a todas e todos os nenos de 1º de Primaria.
Tratouse de Christopher, pai de Bradley de 1ºB, que nos leu "The Red Knight" de Team Ladybird Readers da editorial Edelvives.
Grazas por vir!!





domingo, 17 de junio de 2018

FEIRA MEDIEVAL

O pasado venres 15 púxose punto e final ó PDI MedieVALES coa celebración dunha Feira Medieval.
Un día cheo de nervios, de moito traballo que resultou un éxito.
Parabéns a todos e todas polo voso traballo e moi especialmente ó noso alumnado polo seu comportamento, actitude, saber estar e participación.
Déstesnos unha gran lección!!

A banda inaugurando a Feira


Os bailes colectivos

Unha mostra da feira en fotografías



Díptico explicativo da Feira


miércoles, 13 de junio de 2018

OS MOSTEIROS

As nenas e nenos de 3ºC cóntannos, no seguinte vídeo, o que aprenderon sobre os mosteiros da Idade Media  grazas o seu traballo de investigación ó longo deste curso.



domingo, 3 de junio de 2018

TRABALLOS EXPOSTOS

Os froitos da investigación sobre a Idade Media vanse amosando nos corredores do noso colexio. 
Hai castelos, traballos de plástica, investigacións sobre vestimenta, alimentación, enfermidades, vivenda...
No seguinte vídeo podedes ver algúns deles.


miércoles, 30 de mayo de 2018

ROTEIRO POR BETANZOS 1ºE

No seguinte vídeo podedes ver todo o que aprenderon sobre o Betanzos Medieval, e moito máis, durante o roteiro que fixeron pola Cidade dos Cabaleiros as nenas e nenos de 1ºE.

miércoles, 9 de mayo de 2018

VISITA A FRIOL

Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre a Idade Media que estamos a levar a cabo no cole, os nenos e as nenas de 6º de Infantil visitaron o castelo de San Paio de Narla en Friol. Trátase dun castelo-fortaleza do século XII. Alí, na compaña de distintos persoaxes medievais, visitaron o museo histórico e etnográfico e realizaron un obradoiro no que aprenderon a facer unhas rosquillas boísimas!

jueves, 26 de abril de 2018

INDUMENTARIA MEDIEVAL

Na biblioteca estivemos investigando, xunto con Leo, sobre que tipo de roupa levaban na Idade Media e como se chamaba. Atopamos esta páxina tan interesante de onde extraímos a infromación  http://aulamedievalindumentaria.blogspot.com.es/


miércoles, 25 de abril de 2018

OFICIOS MEDIEVAIS. 4º A

Na seguinte presentación podedes ver o traballo de investigación, sobre os oficios medievais, feito polas alumnas e alumnos de 4º A.

CONCERTO MEDIEVAL

Neste mes de abril, tivemos o pracer de desfrutar todo o alumnado do colexio, dun concerto de música medieval con Emilio Villalba e Sara Marina.
A súa música descubrímola grazas a dous  CD, que podedes atopar na nosa biblioteca.



Pincha na imaxe para ver fotografías dos concertos de primaria e infantil




viernes, 16 de marzo de 2018

TELEMEDIEVALES 3

Aquí vos deixamos o TeleMedieVALES 3 feito polas alumnas e alumnos de 6º A.
Noraboa polo voso traballo!!

miércoles, 14 de marzo de 2018

HÓRREO DE 1ºB

Seguen chegando novas edificiacións relacionadas coa Idade Media. A última este hórreo feito polas nenas e nenos de 1ºB.

miércoles, 21 de febrero de 2018

INVENTOS IDADE MEDIA

As alumnas e alumnos de 1º C investigaron sobre os inventos que houbo na Idade Media e así o contaron:


QUEREMOS SABER... 3ºC

As rapazas e rapaces de 3ºC investigaron sobre a Idade Media:

OS NÚMEROS

O alumno de 1ºB, Adrián Veiga, explícanos como se escribían os números na Idade Media.

ENTROIDO MEDIEVAL

No Entroido cada nivel foi disfrazado seguindo a temática medieval, dacordo co PDI deste curso: "MedieVales". 
Os difraces foron os seguintes:
3 anos de bufóns
4 anos de cabaleiros
5 anos bufóns, arqueiras, raíñas, lavandeiras, labregas...
1º de meigas e magos
2º de titiriteiros
3º de monxes, escribas,...
4º de campesiños
5º de nobres
6º de distintos oficios gremiais
O día non nos acompañou e non puidemos facer o pasarrúas pero festa houboa igualmente!

lunes, 12 de febrero de 2018

EDIFICIOS MEDIEVAIS

En outubro propuxemos o reto de construir algunha edificiación da Idade Media.
A resposta foi enorme e por mor das obras os castelos, casas, igrexas, aldeas... andiveron escondidas polas aulas, pero agora comezan a decorar o noso colexio, tanto no edificio de Infantil coma no de Primaria.
Grazas pola vosa colaboración!


CASTELOS 1º D

As nenas e nenos de 1º D responderon ó reto da Biblioteca e elaboraron eles os seus castelos.
Fixéronos por equipos. Eles trouxeron o material e o deseñaron tendo en conta o aprendido sobre as parte dos castelos.
Este foi o resultado!!

jueves, 11 de enero de 2018

RESUMO DO TRABALLO "3 DE DECEMBRO"

Coma todos lembrades para conmemorar o "Día Internacional das persoas con discapacidade" propuxemos a lectura do libro "El reino de los mil escalones" e coñecer, a través de él , a Agostiña. 

O resultado podédelo ver no seguinte enlace:

TelemedieVales 2

No blogue do Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro, podedes atopar o TelemedieVales 2 feito pola titoría de 6º A.