miércoles, 22 de noviembre de 2017

CHARLA DA IDADE MEDIA II

O venres 17 de novembro, voltounos visitar o historiador Adrián Feijoo Sánchez. 
Nesta ocasión, foron as nenas e nenos de 1º os que puideron adentrarse na Idade Media e descubrir con él como vivían nesa época as persoas, que comían, onde vivían, como se curaban, en que traballaban, como vestían... 
Moitas grazas pola visita!

jueves, 16 de noviembre de 2017

LIÑA DO TEMPO



Aquí tedes a liña do tempo que iremos enchendo coas vosas aportacións. Tan só tedes que facelas chegar á biblioteca e pinchando na imaxe poderedes velas publicadas, incluso en 3D. Animádevos, disfrutade investigando e aprendendo sobre a Idade Media.

Pincha na imaxe para acceder


viernes, 10 de noviembre de 2017

CHARLA SOBRE A IDADE MEDIA

O pasado día 28 de outubro as nenas e nenos de 3º e 4º contoron coa visita dun experto na Idade Media.
Visitounos Adrián que lles aportou unha visión xeral da época e resolveu algunha das súas dúbidas.
Moi pronto voltará a compartir un ratiño cos máis pequenos, as nenas e nenos de 1º.
Grazas pola colaboración desinteresada!

martes, 7 de noviembre de 2017

RETO MEDIEVAL I

Dende a biblioteca queremos propoñervos un reto para este mes de novembro. Que vos transformedes en canteiros, escultores, carpinteiras, albanels, ferreiras, telleiros e mestras de obra para construir unha "maqueta" ou mural dunha construción medieval:

  • castelo
  • casa
  • mosteiro
  • vila...
Animádevos a participar. Todos as creacións estarán expostas para que as poidades visitar e disfrutar
Neste libro, dispoñible na bilioteca, podedes atopar moita información. Clicade nel para consultalo en pdf