miércoles, 26 de abril de 2023

COLOMBIA TAMÉN SE ENCHE DE FLORES

Sabedes que en Colombia hai unha tradición parecida á dos MAIOS? Trátase da denominada "FERIA DE LAS FLORES".

Na cidade de Medellín ríndese unha homenaxe á cultura dos "SILLETEROS" e é unha  das celebracións máis antigas do país. 


 Luis Eduardo Noriega / EFE

Os "silleteros", artesáns das flores, cargan ás súas costas as "silletas": unha especie de escudos cubertos de flores de todo tipo coas que compoñen paisaxes, retratos, mensaxes... Algunhas poden chegar a pesar 70 kilos !!!