Unha pequena reflexión para rematar o curso
Cando no mes de setembro nos
plantexamos acadar o noso soño de levar adiante o proxecto “Sachar e cociñar
todo é empezar” eu, como mestra de apoio en educación infantil, nin imaxinaba o
resultado final.
Cada mes, cada trimestre, cada
celebración sucedía aquelo que recolleramos no noso soño. As actividades na
horta e no invernadoiro unidas á posta en marcha da aula de cociña foron o
principio dun camiño que continuará o
vindeiro curso.
Pero se hai que destacar algo é a participación das familias, entrando nas aulas, aportando ideas, preparando actividades, traballando codo a codo co profesorado ... Nós queriamos que sucedera así.
Pero se hai que destacar algo é a participación das familias, entrando nas aulas, aportando ideas, preparando actividades, traballando codo a codo co profesorado ... Nós queriamos que sucedera así.
Soño acadado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario