Mostrando entradas con la etiqueta MEMORIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEMORIA. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de junio de 2023

MEMORIA PDI. ÁFRICA.

 Resumo do traballo feito polas rapazas e rapaces de 2º ó longo deste curso 2022/2023 en relación ó PDI proposto.





p.d.i África 

Finalizamos a nosa viaxe por África compartindo o aprendido cos demáis compañeiros e os demáis con nós. Visitamos os corredores dos distintos cursos . Mirade:



jueves, 8 de junio de 2023

PODCAST. PDI

 Nesta imaxe interactiva poderedes escoitar os podcast feitos  polas rapazas e rapaces do cole, coa axuda dos nenos e nenas de 6º. 

Escoitade todo o que aprenderon, descubriron e viviron .



martes, 14 de junio de 2022

ROBÓTICA 2021/2022

 ROBÓTICA 2021/2022

Pincha na imaxe e verás os traballos de programación que fixemos este curso. Anímate a xogar e crear.




viernes, 10 de junio de 2022

MEMORIA PDI " A TERRA". EDUCACIÓN MUSICAL

A  MÚSICA, A ARTE IMPREGNOU A TODO O COLEXIO E DENDE INFANTIL A PRIMARIA, TODOS ACABAMOS BAILANDO "TERRA"... PERO, NON SÓ BAILÁCHEDES, TAMÉN ESCOITÁCHEDES Á NATUREZA E FIXÉCHEDES BONITOS MURAIS. MIRADE QUE ARTISTAS!


MEMORIA DE ED. MUSICAL . PDI "A TERRA" de bibliotecavales

miércoles, 8 de junio de 2022

MEMORIA PDI 4º NIVEL. EXPLORADORES DOS LÍMITES DA TERRA

Menudos exploradores están feitos os nenos e nenas de 4º de primaria!. Parece que viaxaron por todo o planeta Terra para atopar os datos que necesitaban  para facer a súa investigación. Aquí podedes ver proceso que seguiron. 

memoria 4º Exploradores de bibliotecavales

sábado, 4 de junio de 2022

MEMORIA PDI A TERRA. NIVEL INFANTIL

EN INFANTIL INVESTIGARON E TRABALLARON MOITÍSIMO PARA COÑECER MELLOR O NOSO PLANETA. CONTARON INCLUSO COA COLABORACIÓN DUNHA EXPERTA VULCANÓLOGA... SE QUEREDES VELO, PREMEDE NA IMAXE. 



MEMORIA DO PDI A TERRA. 6º NIVEL

O alumnado de 6º decidiu investigar sobre distintos aspectos do noso planeta e adicaron cada trimestre a distintos ámbitos. Escolleron as seguintes temáticas: A Terra física, A Terra viva e Unha Terra para coidar. Aquí  podedes ver un resumo do seu traballo. Noraboa !



lunes, 30 de mayo de 2022

MEMORIA PDI A TERRA . SEGUNDO NIVEL: A AUGA E A SÚA PEGADA NAS PAISAXES


Green White Big Text Bold Simple Presentation de bibliotecavales

OS NENOS E NENAS  DE SEGUNDO QUIXERON SABER QUE PEGADAS DEIXABA A AUGA  NA TERRA E NAS SÚAS PAISAXES. ATOPARON O SEU RASTRO TANTO NA NATUREZA COMO NA LINGUA.






martes, 29 de junio de 2021

EU SON GALICIA. MEMORIA 2º NIVEL

 Na seguinte presentación pódese ver un resumo do traballo levado a cabo polas nenas e nenas de 2º ó longo deste curso tan especial, diferente e difícil. 

Todas e todos, a pesares dos pasares, foron quen de traballar en equipo, investigar, aprender e descubrir un pouquiño máis de BETANZOS

Isto non sería posible sen a colaboración das familias que os acompañaron en paseos para observar a flora e a fauna, coñecer as rúas de Betanzos con nome de muller, visitar igrexas, observar as casas típicas, descubrir as cunchas do Camiño de Santiago....

Nunca deixedes de aprender e de ser curiosos. Mentres poidamos, iremos da vosa man!!






Colorful Illustrated Teacher Appreciation Education Presentation de beatriz rey

jueves, 17 de junio de 2021

martes, 15 de junio de 2021

PDI 5º DE PRIMARIA

Como bos camiñantes e promotores do turismo galego, os compañeiros e compañeiras de 5º de primaria investigaron a fondo sobre distintos roteiros de Galicia , indagando sobre a paisaxe e a gastronomía galegas. Queres saber que nos recomendan?




viernes, 11 de junio de 2021

PDI 4º DE PRIMARIA : ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA

Os compañeiros e compañeiras de 4º investigaron na procura de atopar información sobre os escritores e escritoras da nosa lingua máis próximos a nós. Despois decidiron facer un libro no que recolleron as súas referencias e que agora temos á nosa disposición para poder consultalo cando o precisemos.
É unha boa fonte de información, non si?

domingo, 23 de mayo de 2021

TERCEIRO DE PRIMARIA : A AUGA NA TERRA DAS DAS MARIÑAS


O alumnado de TERCEIRO investigou sobre as augas que descorren polas Terras das Mariñas. Iniciaron a súa investigación facéndose preguntas sobre a auga, en xeral.  A continuación anotamos as cousas que xa sabiamos sobre ela. 



Despois, estivemos a ver e ler a documentación que edita "Life fluvial" e as guías de campo que editou a Deputación da Coruña. Visitamos tamén a páxina http://marinasbetanzos.gal/ e con todo ese material fixemos unha presentación resumo que serviu de punto de partida para outras actividades.



 E non só iso, tamén remexemos nos fondos da nosa Biblioteca e decidimos facer unha exposición para que todos accedamos á información con facilidade.





 Como Produtos finais, elaboramos uns murais que puxemos no corredor de 3º e escribimos contos protagonizados polos animais que viven nas augas do Mandeo e da Terra das Mariñas.










Finalmente, fixemos unha ruta polas beiras do Río Mendo e Mandeo, aproveitando o ofrecemento da Sección de Extraescolares para coñecer O camiño Inglés que pasa por Betanzos. Pasámolo en grande !!!



                                      

domingo, 7 de febrero de 2021

viernes, 28 de junio de 2019

OS BOSQUES

No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 5º de infantil sobre os bosques, dentro do PDI Vales para o futuro:

miércoles, 26 de junio de 2019

A AUGA

No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 6º de infantil sobre a auga, dentro do PDI Vales para o futuro: