domingo, 23 de mayo de 2021

TERCEIRO DE PRIMARIA : A AUGA NA TERRA DAS DAS MARIÑAS


O alumnado de TERCEIRO investigou sobre as augas que descorren polas Terras das Mariñas. Iniciaron a súa investigación facéndose preguntas sobre a auga, en xeral.  A continuación anotamos as cousas que xa sabiamos sobre ela. 



Despois, estivemos a ver e ler a documentación que edita "Life fluvial" e as guías de campo que editou a Deputación da Coruña. Visitamos tamén a páxina http://marinasbetanzos.gal/ e con todo ese material fixemos unha presentación resumo que serviu de punto de partida para outras actividades.



 E non só iso, tamén remexemos nos fondos da nosa Biblioteca e decidimos facer unha exposición para que todos accedamos á información con facilidade.





 Como Produtos finais, elaboramos uns murais que puxemos no corredor de 3º e escribimos contos protagonizados polos animais que viven nas augas do Mandeo e da Terra das Mariñas.










Finalmente, fixemos unha ruta polas beiras do Río Mendo e Mandeo, aproveitando o ofrecemento da Sección de Extraescolares para coñecer O camiño Inglés que pasa por Betanzos. Pasámolo en grande !!!



                                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario