miércoles, 22 de noviembre de 2017

CHARLA DA IDADE MEDIA II

O venres 17 de novembro, voltounos visitar o historiador Adrián Feijoo Sánchez. 
Nesta ocasión, foron as nenas e nenos de 1º os que puideron adentrarse na Idade Media e descubrir con él como vivían nesa época as persoas, que comían, onde vivían, como se curaban, en que traballaban, como vestían... 
Moitas grazas pola visita!

jueves, 16 de noviembre de 2017

LIÑA DO TEMPO



Aquí tedes a liña do tempo que iremos enchendo coas vosas aportacións. Tan só tedes que facelas chegar á biblioteca e pinchando na imaxe poderedes velas publicadas, incluso en 3D. Animádevos, disfrutade investigando e aprendendo sobre a Idade Media.

Pincha na imaxe para acceder


viernes, 10 de noviembre de 2017

CHARLA SOBRE A IDADE MEDIA

O pasado día 28 de outubro as nenas e nenos de 3º e 4º contoron coa visita dun experto na Idade Media.
Visitounos Adrián que lles aportou unha visión xeral da época e resolveu algunha das súas dúbidas.
Moi pronto voltará a compartir un ratiño cos máis pequenos, as nenas e nenos de 1º.
Grazas pola colaboración desinteresada!

martes, 7 de noviembre de 2017

RETO MEDIEVAL I

Dende a biblioteca queremos propoñervos un reto para este mes de novembro. Que vos transformedes en canteiros, escultores, carpinteiras, albanels, ferreiras, telleiros e mestras de obra para construir unha "maqueta" ou mural dunha construción medieval:

  • castelo
  • casa
  • mosteiro
  • vila...
Animádevos a participar. Todos as creacións estarán expostas para que as poidades visitar e disfrutar
Neste libro, dispoñible na bilioteca, podedes atopar moita información. Clicade nel para consultalo en pdf


martes, 31 de octubre de 2017

TRABALLOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS

No blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio "Non te cortes coa lingua"podedes atopar dúas entradas moi interesantes co traballo feito sobre a Idade Media polas compañeiras e compañeiros de 6º de Infantil e 6º de Primaria. 
Clicade nas imaxes para velo.


RECURSOS DIXITAIS

Aquí podedes ver unha selección de recursos dixitais para avanzar na nosa investigación sobre a Idade Media

Idade media, by bibliotecavales

lunes, 9 de octubre de 2017

O TESOURO

O martes 25 abrimos o tesouro e isto foi o que atopamos no seu interior:


  • un ovo
  • unha pluma
  • unha coroa 
  • unha chave cun pecho
  • e tres papeis nos que aparecían uns dragóns, un mapa e un home
Intentamos entre todos descubrir coa axuda de Lucía, a orientadora do colexio, o misterio.
Co libro de Imagina tratamos de  abrir unha porta a imaxinación... 
A onde vos levou esa porta? Quen puido deixar o tesouro aí? Cal é a súa historia?
Atravesa a porta  e deixa voar a túa IMAXINACIÓN

lunes, 25 de septiembre de 2017

UN TESOURO NO PATIO?

O venres 22 de setembro algo misterioso apareceu  soterrado no patio. 
Tras moitos nervios e preguntas sen resposta os nenos e nenas de 3º foron testigos da súa extracción e posterior depósito na aula do Departamento de Orientación de Lucía.
Que haberá?
Quen o deixou aí?
Nestas semanas atoparemos as respostas....ou non....





jueves, 21 de septiembre de 2017

sábado, 8 de julio de 2017

TRÍPTICOS DOS DISTINTOS PAÍSES

Na seguinte presentación podedes ver unha mostra dos trípticos elaborados polas nenas e nenos do colexio. Cada un, o seu nivel, recolle os datos máis relevantes do país que traballaron ó longo de todo o curso.


lunes, 26 de junio de 2017

lunes, 19 de junio de 2017

A EXPO DE 2º

Neste video podedes ver como viviron a súa exposición de Betanzos o alumnado de 2º.





E así foi a visita que realizou 2º polos demais corredores.



sábado, 17 de junio de 2017

A EXPO DE 5º C

      Así viviron a Expo en 5º C:

 Despois de preparar a súa exposición con moita ilusión...







...chegou o día de contarlles e amosarlles aos compañeiros e compañeiras todo o que descubriron este curso sobre Marrocos. Tamén puideron disfrutar, na súa viaxe polos demais corredores, das exposicións dos seus compañeiros e compañeiras. Podedes ver nas seguintes imaxes cómo resultou esta experiencia, activa o audio se queres podes escoitar a música de cada país.


jueves, 8 de junio de 2017

EXIPTO

No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación feito palas nenas e nenos de 5º de Educació infantil, coa axuda das súas titoras, sobre Exipto.
Bo traballo!

NUBARIS

No seguinte vídeo podedes ver un resumo do traballo levado a cabo polas nenas e nenos de 4º de Infantil. Elas e eles investigaron e crearon un país imaxinario: Nubaris.

lunes, 29 de mayo de 2017

EXPOSICIÓN DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO

Hoxe, 29 de maio deu comezo a Exposición do Vales Villamarín "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo".



Con moitos nervios os diferentes cursos foron amosando ós compañeiros o traballo de  investigación feito durante todo o ano.
No seguinte video podedes ver unha pequena mostra.


miércoles, 15 de marzo de 2017

TRABALLOS DO DÍA DA MULLER

No seguinte vídeo, podedes ver unha mostra dos traballos de investigación feitos polos distintos niveis sobre as mulleres dos países que están a investigar.

DÍA DA MULLER on PhotoPeach

martes, 14 de marzo de 2017

O VALES INVESTIGA

O Vales leva investigando todo o curso, cada nivel sobre o seu país: fauna, flora, xeografía, costumes, alimentos, comidas, música, traxes... Aquí tedes unha pequena mostra do traballo que levamos feito e aínda queda moito máis por investigar! Ánimo! Bo traballo!



OS DÁTILES DE MARROCOS

Aquí podedes ver o traballo do alumnado de 5ºC sobre este froito de Marrocos. 
Bo traballo!

lunes, 13 de marzo de 2017

BRASIL


No seguinte video podedes ver una mostra do traballo de investigación que está  a realizar o alumnado de primeiro sobre Brasil.




BRASIL - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

EEUU

No seguinte vídeo, podedes ver parte do traballo de investigación que están a facer os nenos e nenas coas súas mestras de Lingua Inglesa.


EEUU on PhotoPeach

VENEZUELA

No seguinte vídeo podedes ver parte do traballo de investigación feito polos alumnos de 3º sobre Venezuela.
VENEZUELA on PhotoPeach

miércoles, 8 de marzo de 2017

DIA INTERNACIONAL DA MULLER



Leo vos pide que investiguedes sobre as mulleres dos países que  estades a traballar, as súas fotografías aparecen  no mural da entrada. A información a podedes atopar no noso blogue, ánimo!


miércoles, 22 de febrero de 2017

PERÚ

No seguinte vídeo podedes ver o traballo elaborado polos nenos e nenas de 6º sobre Perú.

PERÚ on PhotoPeach 



E se clicades aquí escoitalos.

lunes, 20 de febrero de 2017

MARROCOS

No seguinte vídeo atoparedes unha pequena mostra do que están a investigar as nenas e nenos de 5º: o fasctinante país de Marrocos.



MARROCOS on PhotoPeach

CHINA

No seguinte video podedes ver o traballo realizado polos alumnos de 4º, no que vai de curso, sobre a China. CHINA on PhotoPeach

AS COMIDAS



AS COMIDAS DO MUNDO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Neste vídeo podedes ver os traballos feitos polos distintos cursos sobre os alimentos dos países que se están a investigar

BETANZOS

Aquí podedes ver o traballo ,que levan feito as nenas e nenos de 2º, sobre Betanzos.


BETANZOS on PhotoPeach