O martes 25 abrimos o tesouro e isto foi o que atopamos no seu interior:
- un ovo
- unha pluma
- unha coroa
- unha chave cun pecho
- e tres papeis nos que aparecían uns dragóns, un mapa e un home
Intentamos entre todos descubrir coa axuda de Lucía, a orientadora do colexio, o misterio.
Co libro de Imagina tratamos de abrir unha porta a imaxinación...
A onde vos levou esa porta? Quen puido deixar o tesouro aí? Cal é a súa historia?
Atravesa a porta e deixa voar a túa IMAXINACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario