No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 5º de infantil sobre os bosques, dentro do PDI Vales para o futuro:
Mostrando entradas con la etiqueta VALES PARA O FUTURO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VALES PARA O FUTURO. Mostrar todas las entradas
viernes, 28 de junio de 2019
miércoles, 26 de junio de 2019
A AUGA
No seguinte vídeo podedes ver o traballo de investigación realizado polo alumnado de 6º de infantil sobre a auga, dentro do PDI Vales para o futuro:
jueves, 20 de junio de 2019
OS ECOSISTEMAS
Dentro do PDI deste curso as rapazas e rapaces de 2º traballaron os distintos ecosistemas: a sabana, o deserto, a selva tropical, os polos e o bosque galego. Elaboraron unha maqueta de cada ecosistema cos seus animais e prantas como producto final. Para chegar a facela tiveron que investigar e traballar en equipo.
Ó longo da última semana compartiron o aprendido entre as distintas aulas de 2º.
miércoles, 19 de junio de 2019
TRABALLOS DE 6ºA
Na biblioteca puidemos desfrutar e xogar cos taboleiros elaborados polas rapazas e rapaces de 6ºA.
Grazas por compartir con todos!!
MEMORIA PDI 3º
O noso proxecto centrou o interese na paisaxe e os cambios
que se producen nel co paso do tempo. Comezamos facendo un mural que colocamos
no corredor no que o alumnado plantexou tanto os seus coñecementos previos como
aquelas preguntas ás que lle gustaría dar resposta ao longo das investigacións
e actividades . (Fotografías no Blog de terceiro http://aprendendonovales.blogspot.com/).
Tras esta actividade, empregamos diferentes fontes de
información para recopilar datos sobre as distintas paisaxes do planeta e
elaboramos unha ficha onde cada aula se encargou de verter os coñecementos
adquiridos sobre as distintas paisaxes :
3ºA : Os bosques
3ºB: O deserto
3ºC: O paisaxe de costa
3º D: Os polos
3º E: A montaña
Ademáis fixemos muráis nos que o alumnado plasmou como
imaxinaba a paisaxe que traballaou nos distintos momentos temporais, o que daba
resposta a algunha das preguntas que eles mesmos plantexaran ao principio do
proxecto. Tamén elaboraron carteis nos quese manifestou a inquedanza pola
conservación do medio ambiente.
Por último, como produto final, fixemos una roteiro por
Betanzos no que poideron observar, pola comparativa con fotografías antigas que
levamos, como e canto cambiara a paisaxe do Concello no que viven.
lunes, 17 de junio de 2019
O PRINCIPIÑO
Unha das actividades propostas para conmemorar o día do libro foi elaborar, entre toda a comunidade educativa do colexio, un vídeo resumo do libro do "Principiño" que serviu de guía e punto de partida para o noso PDI.
miércoles, 12 de junio de 2019
VII XORNADAS ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
O 7 e 8 de xuño desenvolvéronse en Betanzos as VII Xornadas de Atención á Diversidade organizadas polo IES das Mariñas, o IES Francisco Aguiar , as ANPAS dos centros, o Concello e o noso colexio.
Nas Xornadas amosouse parte do traballo feito polas nosas rapazas e rapaces en relación o PDI Vales de Futuro.
AS ABELLAS
NO SEGUINTE VIDEO PODEDES VER O TRABALLO DE INVESTIGACIÓN FEITO POLAS NENAS E NENOS DE 3 ANOS SOBRE AS ABELLAS, DENTRO DO PDI VALES DE FUTURO.
domingo, 26 de mayo de 2019
VERMES DE SEDA
As nenas e nenos de 2º nivel, dentro da súa investigación sobre os animais e as prantas, tiveron esta semana a visita dunha experta nos vermes de seda, que lles explicou a súa orixe, o seu ciclo vital, como obter a seda e todos os usos que se lle pode dar.
INVESTIGACIÓN DUNHA CLASE DE 4 ANOS
As rapazas e rapaces de 4 anos estiveron a investigar sobre os bosques, velaiquí unhas fotos do seu traballo.
miércoles, 1 de mayo de 2019
GRANTECAN
No mes de Marzo, Moncho Presedo veu falarnos do maior telescopio do mundo, o Gran Telescopio Canarias, coñecido como GRANTECAN, que se atopa no Observatorio del Roque de los Muchachos, na Palma, nas Illas Canarias.
Moi amable, visitounos moitos días, porque compartiu a súa experiencia coas aulas de 3º e 4º de forma individual (10 aulas= 10 charlas).
GRAZAS!!
domingo, 14 de abril de 2019
SISTEMA SOLAR
Nos seguintes vídeos podedes ver o traballo das alumnas e alumnos de 4º C sobre o sistema solar.
viernes, 5 de abril de 2019
O FUTURO DO MAR E DO PLANETA.
Antón, de 2ºD, fixo na biblioteca unha exposición para a súa clase, sobre a importancia do coidado do mar e do noso planeta.
Aprendeulles como a contaminación e, en particular, os plásticos están acabando coa vida mariña e como éstes están a pasar á nosa alimentación.
Explicoulles como poden axudar a coidar o noso planeta cumplindo os tres R:
Reciclar
Reducir
Reutilizar.
Que futuro queremos?
OBRA DE TEATRO. O PRINCIPIÑO
As alumnas e alumnos de 5ºA, da man da súa titora, prepararon ó longo do curso unha representación teatral do libro "O principiño".
Fixeron un pase especial para as familias na sala do edifico do Liceo de Betanzos o 26 de marzo.
jueves, 14 de marzo de 2019
martes, 12 de marzo de 2019
ADA LOVELACE
As rapazas e rapaces de 5º están a investigar sobre mulleres científicas, dentro do PDI deste ano.
Aquí podedes ver o mural que fixeron sobre Ada Lovelace.
jueves, 7 de marzo de 2019
ENTROIDO
O Entroido este ano xirou ó redor do Principiño.
Puidemos ver estrelas, Principiños, rosas, baobabs, volcáns, ovellas, aviadores, astronautas, raposos, marcianos e xentes do futuro.
domingo, 10 de febrero de 2019
O ESPAZO
Van chegando ó final as primeiras tarefas relacionadas co PDI.
As rapazas e rapaces de 4º estiveron estudiando o espazo da man do Principiño.
Xa teñen expostos os seus traballos polos corredores.
jueves, 20 de diciembre de 2018
A AUGA
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS INVESTIGARON SOBRE A AUGA, DENTRO DA LIÑA DE NATUREZA E ECOLOXÍA DO P.D.I.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























