O noso proxecto centrou o interese na paisaxe e os cambios
que se producen nel co paso do tempo. Comezamos facendo un mural que colocamos
no corredor no que o alumnado plantexou tanto os seus coñecementos previos como
aquelas preguntas ás que lle gustaría dar resposta ao longo das investigacións
e actividades . (Fotografías no Blog de terceiro http://aprendendonovales.blogspot.com/).
Tras esta actividade, empregamos diferentes fontes de
información para recopilar datos sobre as distintas paisaxes do planeta e
elaboramos unha ficha onde cada aula se encargou de verter os coñecementos
adquiridos sobre as distintas paisaxes :
3ºA : Os bosques
3ºB: O deserto
3ºC: O paisaxe de costa
3º D: Os polos
3º E: A montaña
Ademáis fixemos muráis nos que o alumnado plasmou como
imaxinaba a paisaxe que traballaou nos distintos momentos temporais, o que daba
resposta a algunha das preguntas que eles mesmos plantexaran ao principio do
proxecto. Tamén elaboraron carteis nos quese manifestou a inquedanza pola
conservación do medio ambiente.
Por último, como produto final, fixemos una roteiro por
Betanzos no que poideron observar, pola comparativa con fotografías antigas que
levamos, como e canto cambiara a paisaxe do Concello no que viven.
No hay comentarios:
Publicar un comentario