En 6º D soñamos co
“Proxecto Sachar e Cociñar todo é
empezar”.
Quixemos cociñar na escola para aprender a traballar en
grupo, compartir, investigar, experimentar e aprender gozando.
Quixemos plantar
sementes e ver como medran grazas aos nosos mimos e coidados; plantar
flores para que o noso cole sexa un cole
máis bonito e agradable, e cada vez que pasemos ao lado dunhas flores que
plantamos, podamos ou rexeneramos nós, poidamos sentirnos fachendosos.
Cultivar produtos na horta como cenorias, millo, cabazas,
berenxenas coa ilusión de ver se medran, aprendendo a ser pacientes e ver
resultados a medio plazo e non ao instante.
Cociñamos con Rosalía de Castro as receitas do poema “Has de
cantar”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario