viernes, 10 de noviembre de 2017

CHARLA SOBRE A IDADE MEDIA

O pasado día 28 de outubro as nenas e nenos de 3º e 4º contoron coa visita dun experto na Idade Media.
Visitounos Adrián que lles aportou unha visión xeral da época e resolveu algunha das súas dúbidas.
Moi pronto voltará a compartir un ratiño cos máis pequenos, as nenas e nenos de 1º.
Grazas pola colaboración desinteresada!

martes, 7 de noviembre de 2017

RETO MEDIEVAL I

Dende a biblioteca queremos propoñervos un reto para este mes de novembro. Que vos transformedes en canteiros, escultores, carpinteiras, albanels, ferreiras, telleiros e mestras de obra para construir unha "maqueta" ou mural dunha construción medieval:

  • castelo
  • casa
  • mosteiro
  • vila...
Animádevos a participar. Todos as creacións estarán expostas para que as poidades visitar e disfrutar
Neste libro, dispoñible na bilioteca, podedes atopar moita información. Clicade nel para consultalo en pdf


martes, 31 de octubre de 2017

TRABALLOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS

No blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio "Non te cortes coa lingua"podedes atopar dúas entradas moi interesantes co traballo feito sobre a Idade Media polas compañeiras e compañeiros de 6º de Infantil e 6º de Primaria. 
Clicade nas imaxes para velo.


RECURSOS DIXITAIS

Aquí podedes ver unha selección de recursos dixitais para avanzar na nosa investigación sobre a Idade Media

Idade media, by bibliotecavales

lunes, 9 de octubre de 2017

O TESOURO

O martes 25 abrimos o tesouro e isto foi o que atopamos no seu interior:


  • un ovo
  • unha pluma
  • unha coroa 
  • unha chave cun pecho
  • e tres papeis nos que aparecían uns dragóns, un mapa e un home
Intentamos entre todos descubrir coa axuda de Lucía, a orientadora do colexio, o misterio.
Co libro de Imagina tratamos de  abrir unha porta a imaxinación... 
A onde vos levou esa porta? Quen puido deixar o tesouro aí? Cal é a súa historia?
Atravesa a porta  e deixa voar a túa IMAXINACIÓN

lunes, 25 de septiembre de 2017

UN TESOURO NO PATIO?

O venres 22 de setembro algo misterioso apareceu  soterrado no patio. 
Tras moitos nervios e preguntas sen resposta os nenos e nenas de 3º foron testigos da súa extracción e posterior depósito na aula do Departamento de Orientación de Lucía.
Que haberá?
Quen o deixou aí?
Nestas semanas atoparemos as respostas....ou non....





jueves, 21 de septiembre de 2017