Sabedes que en Colombia hai unha tradición parecida á dos MAIOS? Trátase da denominada "FERIA DE LAS FLORES".
Na cidade de Medellín ríndese unha homenaxe á cultura dos "SILLETEROS" e é unha das celebracións máis antigas do país.
Os "silleteros", artesáns das flores, cargan ás súas costas as "silletas": unha especie de escudos cubertos de flores de todo tipo coas que compoñen paisaxes, retratos, mensaxes... Algunhas poden chegar a pesar 70 kilos !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario