As rapazas e rapaces de 1º, seguindo a súa investigación sobre Galicia, van disfrazarse coma o facían en Samede, Paderne.
Para axudarlles a coñecer a súa orixe, as súas vestimentas, persoaxes (BONITOS, CAROLOS e VIXIGUEIROS) e danzas (DANZA CRUZADA) contaron coa visita de Emilia Cagiao, autora do libro "Historia e recuperación do Entoido de Samede", que veu acompañada.
No seguinte vídeo pódese ver todo o que lles aprenderon ás nenas e nenos de 1º.
Por último unha entrevista a Naiara, alumna de 1ºD, que participa no Entroido de Samede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario