Que queredes que suceda?
sábado, 28 de mayo de 2016
Soñamos ... 5ª A
Ofrecémosvos un resumo do que supuxo na nosa clase a actividade arredor da proposta:
lunes, 1 de febrero de 2016
SOÑAMOS SER.... COCIÑEIROS
As nenas e nenos de 2º A, tras escoitar as opinións e soños de todos decidimos que a maioría de nós queríamos ser cociñeiros. Cociñeiros coma Madelen, protagonista do gastroconto "Virutas y el Arcoiris", cociñeiros coma os concursantes de Masterchef e alá nos lanzamos, a lograr o noso soño.
Buscamos libros de cociña e receitas. Investigamos neles, buscando receitas que nos gustaban, descubrindo a estructura e forma das receitas e analizando se eran saudables ou non.
Deseñamos un menú para xantar:
1º plato: Pizza Bob
2º plato: dominó da Ribeira
Postre: Galletas
No menú fixemos cambios para facelo máis saudable, por exemplo o dominó da Ribeira (solombo) en vez de acompañalo de puré de pataca, como viña na receita orixinal, acompañámolo de puré de cabaza e cenorias e ás galletas, en vez de facerlle a cobertura con glasé, acompañámolas de froita, e tamén lle reducimos a cantidade de azúcre a engadir na masa.
Copiamos as receitas "made in 2ºA" e fixemos a lista da compra. Descubrimos que se precisamos 3 ovos tiñamos que mercar ou media ducia ou unha enteira, que se precisábamos soamente dúas olivas negras para adornar a pizza tiñamos que mercar un bote enteiro e moitas cousas máis.
Polo de agora so cociñamos as galletas o resto irá máis adiante.
Este foi o noso traballo. O noso soño.
Galopíns 2ºA
PARA QUE ALGO SUCEDA PRIMEIRO HAI QUE SOÑALO
Desta premisa, do gastroconto "Virutas y el Arcoiris" nace o Proxecto Documental Integrado deste ano.
A partires del pretendemos que as nenas e nenos da escola soñen o que queren ser, facer... e intenten darlle forma.
A principios de curso, a Orientadora leulle a todos parte da historia de Virutas e formuloulles a pregunta: Que queredes que suceda? pregunta que cada curso coa axuda dos seus titores irán respostando.
E vós... que queredes que suceda?
lunes, 29 de junio de 2015
Río Mandeo
O alumnado de 4º B elaborou uns documentos sobre o río Mandeo, presentamos unha recapitulación de todos eles:
jueves, 25 de junio de 2015
Fauna e flora do río Mandeo
Nenas e nenos de 4º de primaria achégannos os libros de fichas que elaboraron presentando as características das principais especies animais e vexetais que poblan a cunca do río Mandeo.
miércoles, 24 de junio de 2015
Depuradoras do Mandeo
Nenas e nenos de 5º E, despois de investigar e estudar as depuradoras que limpan as augas que se verten ao río Mandeo, decidiron realizan unha doméstica para comprobar o seu funcionamento.
Se premedes na imaxe veredes o proceso:
Se premedes na imaxe veredes o proceso:
lunes, 22 de junio de 2015
Non malgastes a auga
Nenas e nenos de 2º B analizaron os anuncios institucionais sobre o uso da auga, estudaron a linguaxe publicitaria vendo vídeos e outros anuncios en internet sobre o mesmo tema, pero xa doutras campañas publicitarias.
Decidiron crear o seu propio anuncio; divididos por equipos tiveron que facer un deseño en papel:
Decidiron crear o seu propio anuncio; divididos por equipos tiveron que facer un deseño en papel:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
