domingo, 14 de abril de 2019
SISTEMA SOLAR
Nos seguintes vídeos podedes ver o traballo das alumnas e alumnos de 4º C sobre o sistema solar.
viernes, 5 de abril de 2019
O FUTURO DO MAR E DO PLANETA.
Antón, de 2ºD, fixo na biblioteca unha exposición para a súa clase, sobre a importancia do coidado do mar e do noso planeta.
Aprendeulles como a contaminación e, en particular, os plásticos están acabando coa vida mariña e como éstes están a pasar á nosa alimentación.
Explicoulles como poden axudar a coidar o noso planeta cumplindo os tres R:
Reciclar
Reducir
Reutilizar.
Que futuro queremos?
OBRA DE TEATRO. O PRINCIPIÑO
As alumnas e alumnos de 5ºA, da man da súa titora, prepararon ó longo do curso unha representación teatral do libro "O principiño".
Fixeron un pase especial para as familias na sala do edifico do Liceo de Betanzos o 26 de marzo.
jueves, 14 de marzo de 2019
martes, 12 de marzo de 2019
ADA LOVELACE
As rapazas e rapaces de 5º están a investigar sobre mulleres científicas, dentro do PDI deste ano.
Aquí podedes ver o mural que fixeron sobre Ada Lovelace.
jueves, 7 de marzo de 2019
ENTROIDO
O Entroido este ano xirou ó redor do Principiño.
Puidemos ver estrelas, Principiños, rosas, baobabs, volcáns, ovellas, aviadores, astronautas, raposos, marcianos e xentes do futuro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







