miércoles, 9 de mayo de 2018

VISITA A FRIOL

Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre a Idade Media que estamos a levar a cabo no cole, os nenos e as nenas de 6º de Infantil visitaron o castelo de San Paio de Narla en Friol. Trátase dun castelo-fortaleza do século XII. Alí, na compaña de distintos persoaxes medievais, visitaron o museo histórico e etnográfico e realizaron un obradoiro no que aprenderon a facer unhas rosquillas boísimas!

viernes, 27 de abril de 2018

jueves, 26 de abril de 2018

INDUMENTARIA MEDIEVAL

Na biblioteca estivemos investigando, xunto con Leo, sobre que tipo de roupa levaban na Idade Media e como se chamaba. Atopamos esta páxina tan interesante de onde extraímos a infromación  http://aulamedievalindumentaria.blogspot.com.es/


miércoles, 25 de abril de 2018

OFICIOS MEDIEVAIS. 4º A

Na seguinte presentación podedes ver o traballo de investigación, sobre os oficios medievais, feito polas alumnas e alumnos de 4º A.

CONCERTO MEDIEVAL

Neste mes de abril, tivemos o pracer de desfrutar todo o alumnado do colexio, dun concerto de música medieval con Emilio Villalba e Sara Marina.
A súa música descubrímola grazas a dous  CD, que podedes atopar na nosa biblioteca.



Pincha na imaxe para ver fotografías dos concertos de primaria e infantil




viernes, 16 de marzo de 2018

TELEMEDIEVALES 3

Aquí vos deixamos o TeleMedieVALES 3 feito polas alumnas e alumnos de 6º A.
Noraboa polo voso traballo!!

miércoles, 14 de marzo de 2018

HÓRREO DE 1ºB

Seguen chegando novas edificiacións relacionadas coa Idade Media. A última este hórreo feito polas nenas e nenos de 1ºB.