miércoles, 21 de febrero de 2018

ENTROIDO MEDIEVAL

No Entroido cada nivel foi disfrazado seguindo a temática medieval, dacordo co PDI deste curso: "MedieVales". 
Os difraces foron os seguintes:
3 anos de bufóns
4 anos de cabaleiros
5 anos bufóns, arqueiras, raíñas, lavandeiras, labregas...
1º de meigas e magos
2º de titiriteiros
3º de monxes, escribas,...
4º de campesiños
5º de nobres
6º de distintos oficios gremiais
O día non nos acompañou e non puidemos facer o pasarrúas pero festa houboa igualmente!

lunes, 12 de febrero de 2018

EDIFICIOS MEDIEVAIS

En outubro propuxemos o reto de construir algunha edificiación da Idade Media.
A resposta foi enorme e por mor das obras os castelos, casas, igrexas, aldeas... andiveron escondidas polas aulas, pero agora comezan a decorar o noso colexio, tanto no edificio de Infantil coma no de Primaria.
Grazas pola vosa colaboración!


CASTELOS 1º D

As nenas e nenos de 1º D responderon ó reto da Biblioteca e elaboraron eles os seus castelos.
Fixéronos por equipos. Eles trouxeron o material e o deseñaron tendo en conta o aprendido sobre as parte dos castelos.
Este foi o resultado!!

jueves, 11 de enero de 2018

RESUMO DO TRABALLO "3 DE DECEMBRO"

Coma todos lembrades para conmemorar o "Día Internacional das persoas con discapacidade" propuxemos a lectura do libro "El reino de los mil escalones" e coñecer, a través de él , a Agostiña. 

O resultado podédelo ver no seguinte enlace:

TelemedieVales 2

No blogue do Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro, podedes atopar o TelemedieVales 2 feito pola titoría de 6º A.